Difícil saída para o Boiro esta fin de semana

    BOIRO> Os de Fredi Álvarez enfrontaranse á Ponferradina, sexto clasificado. O Club Deportivo Boiro viaxa esta fin de semana a terras leonesas para enfrontarse á Ponferradina, un dos equipos históricos da Segunda División B. será un partido complicado para os boirenses xa que se enfrontan ó sexto clasificado. Os de Fredi agardan realizar un bo encontró e deixar atrás os últimos dous partidos, ambos con derrota, ante o Osasuna B e o Tudelano. A Ponferradina tampouco pasa por o seu mellor momento, con dous empates e unha derrota nos seus últimos tres partidos. Polo que respecta ó resto de equipos galegos nesta categoría destacar o derbi galego que xogarán o Pontevedra e o Celta B en Pasarón. Ou o que é o mesmo terceiro contra cuarto. O Racing de Ferrol xogará contra o Palencia, o Somozas contra o Izarra e o Coruxo enfrontarase ó líder da categoría, a Cultural Leonesa.