Escolares de Ribeira afondan no mundo da pesca da man da cooperativa de armadores Santa Uxía

RIBEIRA> A cooperativa de armadores de Santa Uxía de Ribeira organizou unha xornada divulgativa sobre a pesca no IES Número 1. Ademais de charlas sobre o sector profesional, desenvolveuse un concurso de preguntas sobre pesca e nutrición e unha degustación de peixe.

Os alumnos de 3º da ESO do IES Número 1 tiveron ocasión de mergullarse no mundo da pesca grazas á xornada divulgativa organizada pola cooperativa de armadores Santa Uxía. Representantes da entidade explicaron ós nenos os moitos cambios que ten experimentado o sector nos últimos anos, converténdose nunha profesión de futuro.+

Rematado o encontro cos armadores, os alumnos participaron nun concurso de preguntas sobre pesca e nutrición. Clausuraron a xornada cunha degustación de peixe para tentar fomentar o consumo de produtos pesqueiros entre a mocidade.

Tras esta xornada, a alumnado participante elaborará unha reportaxe coas entrevistas realizadas ós profesionais que serán publicadas nas redes sociais da cooperativa. Os mellores traballos terán premio.