Ribeira saborea a Feira do Cocido de Lalín

    RIBEIRA> O concello de Ribeira foi o escenario esta mañá da presentación da feira do cocido máis famosa de Galicia. O alcalde lalinense visitou a cidade do Barbanza para dar a coñecer esta Festa de Interese Turístico Nacional e animar ós ribeirenses a asistir este ano. Para convencelos, nada mellor, que unha degustación popular.   

     

    Na capital do cocido está todo listo para celebrar a edición número 49 da súa feira máis relevante. E por este motivo o alcalde de Lalín visitou esta mañá o concello de Ribeira para convidar a todos os amantes do bo comer a gozar desta Festa de Interese Turístico Nacional o próximo 19 de febreiro. Por suposto, o primeiro convidado foi o alcalde ribeirense, a quen agasallou con produtos típicos da zona. Rafael Cuíña explicou que a pesar de contar con actividades para todo o mes de febreiro, o día grande será o próximo 19 de febreiro. Por segundo ano consecutivo, o concello de Lalín percorre cun food truck, un autobús promocional, catro concellos galegos, para que os cidadáns poidan saborear un pequeno aperitivo do que será a Feira do Cocido. Este ano Ribeira foi un dos elixidos, e como xefe de cociña, nada máis e nada menos, que Diego López, galardoado cociñeiro do histórico restaurante La Molinera de Lalín. No food truck diversos produtos tradicionais, pero o gran protagonista, aínda que que en pequeno formato, foi él. Os ribeirenses, encantados de recibir tan exquisita degustación, e de seguro que hoxe máis de un comezou a facer os seus plans para o próximo 19 de febreiro e reservar unha mesa na Feira do Cocido de Lalín.        

    Comments are closed.