Unha nova especie mariña aparece na Ría de Arousa

    RIBEIRA> O Grupo de Estudo do Medio Mariño vén de descubrir unha nova especie mariña capturada en augas da Ría de Arousa. Trátase dun verme plano que supón a creación dun novo xénero.  

     

    Laqueusplana bocki. É o nome co que bautizaron a esta nova especie, aparecida na Ría de Arousa. Tras varios traballos dedicados ó estudio dos vermes planos en augas de Galicia, nos que xa se describiran varias especies novas para a ciencia, nesta ocasión o Grupo de Estudos do Medio Mariño vén de divulgar as últimas noviedades sobre este grupo de animales tan desciñecido. Este novo descubrimento súmase ás especies descritas en anteriores ocasións polo GEMM, que acumula xa catro especies novas de vermes planos descubertas en augas galegas, o que fai pensar que aínda queda moito por descubrir. Por iso o GEMM está poñendo en marcha un novo proxecto no que se ofrecerá a posibilidade de apadriñar un animal mariño. O traballo foi realizado en colaboración co museo de Ciencias Naturais de Madrid. Unha fructífera relación que o GEMM mantén tamén con outras institucións de gran relevancia científica. O GEMM persiste no seu obxectivo de dar a coñecer a riqueza submariña e a importante biodiversidade das augas galegas, e este traballo xunto ós numerosos publicados ata agora, son o mellor exemplo disto.