LOUSAME> A mellora levada a cabo no CEIP Cernadas de Castro supuxo un investimento de preto dos 600 mil euros financiados con cargo ó Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta.
Un programa co que se están a modernizar os centros de ensino de toda a Comunidade, converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables.
Na visita realizada esta mañá ó colexio, para ver o resultado da actuación, o conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, destacou a obra realizada, que supuxo a renovación da carpintería exterior e o illamento térmico do edificio principal do centro, así como tamén do de infantil.
Tanto a alcaldesa, Teresa Villaverde, como tamén a directora do colexio, Pilar Cobas, agradeceron esta mellora, que se suma a outros investimentos realizados no centro educativo nos últimos anos.











