NOIA> Esta mañá presentábanse en Noia as xornadas itinerantes que a asociación de Familias Monomarentais de Galicia, FAGAMOS, desenvolverá durante os meses de agosto e setembro por toda Galicia, baixo o lema ‘Moito que facer’.
A primeira destas xornadas terá lugar precisamente na vila noiesa, da man da concellería de Servizos Sociais.
Será este vindeiro mércores, e nela realizaranse actividades dirixidas ao público en xeral, incluíndo unha charla informativa e un faladoiro
A través destas xornadas, o que se pretende é poñer a atención na situación das familias monoparentais, nas que é unha soa persoa proxenitora quen se ocupa do sostemento da familia.
O calendario completo con tódalas datas das xornadas e localidades pódese consultar na propia web de FAGAMOS: www.fagamos.com.
As inscricións pódense facer tamén a través da propia web ou na mesa informativa o mesmo día da xornada.











