Quince persoas fórmanse en Boiro como traballadores forestais

    BOIRO > O Departamento de Emprego do concello de Boiro vén de poñer en marcha un curso de Traballador Forestal dentro do Plan de Formación e Inserción Profesional. O programa desta iniciativa, na que participan preto dunha ducia de persoas, contempla un total de 340 hora de duración que están a ser impartidas en horario de nove a dúas na casa da cultura da Cachada.

    curso_300_140606.jpgEntre os diversos contidos formativos que inclúe este curso figuran o desbroce en masas forestais, tratamentos selvícolas, repoboación forestal, prevención e extinción de incendios, conservación e aproveitamentos forestais e primeiros auxilios no monte. Así mesmo, está previsto un módulo transversal de sensibilización medioambiental de nove horas de duración e outro de formación para a igualdade de cinco horas que servirán como complemento ós contidos principais.

    O curso comezou a impartirse o pasado luns na casa da Cultura Ramón Martínez López e desenvolverase de luns a venres en horario de nove a dúas ata o vindeiro 21 de setembro. A duración total é de 340 horas, das cales 190 son prácticas.

    Esta acción formativa, promovida polo departamento de Emprego do concello de Boiro, está incluída dentro do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional que ten por obxectivo a cualificación de persoas desempregadas co obxectivo de facilitar o seu acceso ó mercado laboral.

    Redacción Barbanza