RIANXO> Barbanza Arousa avanza na súa Viaxe a través da historia dos sabores. Os catro proxectos incluídos no Plan de Sostibilidade Turística encaran a súa recta final. Hoxe, os responsables da entidade visitaron as obras do Museo do Mar de Rianxo que albergará aulas enogastronómicas.
O presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, xunto coa xerente da entidade e o alcalde de Rianxo, visitaron esta mañá as obras do Museo do Mar nesta localidade. O proxecto que encara a súa recta final ten por obxectivo habilitar aulas permanentes e temporais para usos enogastronómicos para poñer en valor e ofrecer ós visitantes os produtos do noso mar e da nosa terra a través da colaboración público-privada.
Para a execución do proxecto procederase á rehabilitación do patio e do inmoble coa renovación da cuberta, das fachadas exteriores, da carpintería externa e o pavimento de madeira danado do interior. Procederase tamén a renovación do sistema de climatización e auga quente e melloras na accesibilidade como a eliminación do chanzo da porta de entrada ou a renovación dos aseos.
A actuación forma parte do PSTD Barbanza Arousa no que se inclúe tamén o Museo da Salgadura en Ribeira, as visitas inmersivas ó barrio dos cataláns na Pobra e o museo da conserva en Boiro.









