O PSOE resposabiliza á Xunta dos danos causados debido ao temporal

Pontevedra> O temporal deixou as súas repercusións na rúa e tamén nos partidos políticos. Dende o PSOE provincial denunciaron a inactividade da Xunta de Galicia nestes días e anunciaron que presentarán unha moción en todos os concellos da Xunta instando á Xunta  a que coordine un protocolo de resposta que estableza os mecanismos necesarios e con criterios obxectivos. 

 

A calma volveu no tocante a climatoloxía pero parece que a cousa anda revolta no ámbito político. Dende as filas do PSOE denuncian a mala xestión da Xunta de Galicia nestes días de temporal. 

Con motivo deste malestar, dende o PSOE provincial, presentarán unha moción en todos os plenos, incluso pedirán a celebración dun pleno extraordinario alí onde non gobernan, co fin de que a Xunta coordine un protocolo de resposta que estableza os mecanismos necesarios e con criterios obxectivos para executar nestes casos. 

Os socialistas tamén piden que a Consellería de Industria poña en marcha un estudo de necesidades para mellorar as infraestruturas eléctricas e ademais, paralelamente, tamén solicitan que o Instituto Galego de Consumo abra un expediente ás compañías subministradoras para que os usuarios poidan reclamar. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/criticas_psoe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/07/criticas_psoe.mp4{/flowplayer}