Portos de Galicia fai balance das tarefas de mantemento nos peiraos durante o ano 2018

PONTEVEDRA> Portos de Galicia fixo balance esta mañá das tarefas de mantemento que se desenvolveron nos peiraos na provincia de Pontevedra no ano 2018. Con estes traballos de conservación, a Xunta tiña como obxectivo principal garantir a seguridade de todas os usuarios que fan uso das instalacións.

A Xunta, a través de Portos de Galicia fixo esta mañá balance de todas as tarefas de mantemento e conservación que se desenvolveron nos peiraos da provincia de Pontevedra durante o ano 2018. Estas labores estaban relacionadas con cuestións de seguridade dos usuarios dos portos, co traballo nas redes de saneamento, de alumeado, de eléctricas ou de abastecemento; e coas actuacións de renovación e mellora dos peiraos.

As actividades de Portos de Galicia, que contaron cun investimento de 800.000 euros, estiveron centradas en 20 portos nos que se levou a cabo ou un mantemento preventivo ou un traballo sobre as deficiencias que xa existían previamente.

Para este ano, a Xunta xa tramitou o gasto en diferentes actuacións de mellora da madeira dos peiraos de Bueu, Beluso e Illa de Arousa.

Cos diferentes traballos de mantemento das instalacións portuarias levados a cabo nos peiraos da provincia de Pontevedra, Portos de Galicia tiña como obxectivo principal, manter e garantir a seguridade de todas as persoas e usuarios que fan uso diariamente dos servizos portuarios.