Mosquera advirte á Xunta do “pésimo” estado no que se atopa a cuberta da ponte de A Barca

Pontevedra> O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra anunciou esta mañá a posta a punto de varios proxectos relacionados coa cidade do Lérez. Traballos e compromisos que chegan despois dunha reunión que mantivo, xunto co alcalde, co departamento de Estradas do Ministerio de Fomento. Entre estas obras está a ampliación da A-57 ata Curro ou a remodelación do nó de bombeiros. 

 

O concelleiro de Infraestruturas chegou esta mañá con varios temas a tratar sobre a mesa. O primeiro a urxencia de cambiar a cuberta da Ponte de A Barca que despois do temporal quedou en peor estado. Mosquera chegou a dicir esta mañá que se ben outra borrasca sería perigoso manter aberto a tránsito peonil este espazo, habería que pensar en pechalo. Pese a isto, o edil insistiu en que é unha competencia da Xunta de Galicia. 

O concelleiro de Infraestructuras tamén falou do resultado que obtivo despois da reunión que mantivo co departamento de Estradas do Ministerio de Fomento. Unha cita á que tamén asistíu o alcalde e que tiña como fin facer un seguimento do convenio asinado en 1999 e outras obras.  Tras este encontro o edil confirmou que a A-57 chegará finalmente ata Curro, unha petición de Pontevedra que se realizou ao entender que unicamente co tramo en execución, entre Vilaboa e A Ermida, a autovía non tería sentido como circunvalación da cidade. Ademais esta mañá tamén anunciou que a remodelación do nó de bombeiros está lista para licitar en 5 millóns de euros. 

Un encontro onde o alcalde pedíu varias obras para a cidade, a colaboración para o proxecto da variante de Alba, continuar o paseo peonil e ciclista cara Estribela, que os camións de ENCE poidan acceder á fábrica pola autovía e que se mellore a sinalización turística na autoestrada. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/mosquera_obras_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/mosquera_obras.mp4{/flowplayer}