AJE e ENCE lanza a segunda edición da aceleradora Ría de Pontevedra

Pontevedra> Esta mañá dende a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra presentaron a 2ª edición da aceleradora Ría de Pontevedra. Unha iniciativa que realizan de forma conxunta AJE e ENCE e que ten como principal obxectivo potenciar novas ideas empresariais e liñas de negocio ligadas ao ámbito do medio ambiente, da sostebilidade, a conservación e o uso respectuoso dos recursos naturais.

Ata o 23 deste mes de setembro as empresas interesadas en participar na segunda edición da aceleradora Ría de Pontevedra poderán facelo. Trátase dunha iniciativa que poñen en marcha dende AJE Pontevedra e a empresa ENCE. Unha iniciativa onde poden participar emprendedores da área de Pontevedra, Marín e Poio. As bases desta segunda convocatoria xa están colgadas na web de AJE Pontevedra.

Dende ENCE amosáronse encantados con este tipo de actividades, esta en concreto que ten como fin potenciar novas ideas empresariais e liñas de negocio ligadas ao ámbito do medio ambiente, da sostebilidade, a conservación e o uso respectuoso dos recursos naturais.

E ao longo desta xornada tamén puidemos escoitar a axuda que esta aceleradora prestou a empresas, xa que o coordinador dunha das seleccionadas na primeira edición contou en primeira persoa o que significou para el e o seu proxecto esta iniciativa.

Ata o 23 de setembro se poden anotar todos os interesados, de aí sairán 7 proxectos e empresas seleccionadas nesta segunda edición, empresas cuxos nomes coñeceremos o 28 deste mes.