O BNG da Pobra reclama a realización de actividades de promoción de Rosalía

    POBRA> Considera importante que o Concello desenvolva estes actos durante este mes de febreiro, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento. A maiores, o BNG pobrense ten previsto desenvolver tamén varios actos de cara a promoción da figura da autora de ‘Cantares Gallegos’.