Rianxo en Común busca medidas para dinamizar o tecido económico

RIANXO> Rianxo en Común buscará medidas para dinamizar o comercio local e acabar coa caída da actividade económica no municipio. Con este fin está a realizar unha rolda de xuntanzas con representantes do tecido económico do municipio.

Nova xuntanza de Rianxo en Común cos comerciantes da vila para analizar os principais problemas e retos que afronta o sector. A formación política está a desenvolver estes encontros co fin de acabar coa constante perda de tecido comercial e empresarial, especialmente acusada nos últimos anos.

Precisamente, co fin de reverter esa tendencia, Rianxo en Común propón unha serie de liñas de accións enmarcadas no incremento da oferta e a realización de melloras no espazo público e na rede de transportes. Son propostas fondamente necesarias tal e como indican as cifras. Dende o ano 2002, Rianxo rexistrou unha baixada de vinte e catro empresas, especialmente acusada no comercio, hostalería e transportes.

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí