BOIRO> Un total de oito mil euros. A Garda Civil de Boiro detivo a cinco persoas da mesma familia por un presunto delito de estafa bancaria, no marco da operación PICARUELA II. Trátanse de tres varóns e dúas mulleres, a nai dos detido e noiva dun deles, todos residentes do municipio boirense. Co pretexto da compra venda de obxectos de segunda man e a través dunha aplicación, facíanse co número de conta e co DNI da vítimas. Logo acudían a diferentes entidades bancarias do Barbanza e tentaban retirar os cartos. A encargada de artellar a estafa era unha das mulleres detidas, en concreto S.A.G. de vinte e dous anos. A ela impútanselle un total de trece delitos: dous por estafa bancaria, tres por estafa bancaria en grado de tentativa, seis delitos de usurpación de estado civil, un por denuncia falsa e outro por roubo con forza. A outra muller, de sesenta e catro anos, e sogra da anterior, impútanselle un delito de estafa e dous de tentativa como coautora. Ós seus tres fillos, acúsanos de ser coautores dun delito de estafa bancaria e doutro de tentativa. Ante esta ola de estafas, moitas delas grazas á inseguridade de Internet, dende as forzas de seguridade fan un chamamento para que a cidadanía non aporte datos persoais a outras persoas. As investigacións seguen abertas e non se descarta que os detidos levaran a cabo outros delitos. O Xulgado de Instrución Nº1 de Ribeira está a levar a cabo as dilixencias.