A POBRA> Un veciño da Pobra denuncia a okupación que sufriu nunha casa da súa propiedade. Os inquilinos ós que lle ía alugar a vivenda instaláronse nela antes de asinar o contrato.
José Antonio Vidal, veciño da Pobra, viviu un auténtico pesadelo durante os últimos catro meses. Unha vivenda da súa propiedade permaneceu okupada por unha muller e o seu fillo. Aproveitándose da boa fe do propietaria e alegando unha situación de vulnerabilidade, instalouse nesta vivenda da aldea pobrense de Portocarro antes de asinar o contrato. Foi entón cando todo se complicou.
Ó sospeitar da intención dos inquilinos de non pagarlle e comprobar a realización de actividades ilegais na vivenda, o propietario dou aviso á Policía Local e tentou cambiar a fechadura, pero non puido facer nada ante a violenta actitude dos okupas.
Finalmente, os okupas abandonaron a vivenda non sen antes causar importantes desperfectos que terá que asumir o propietario.
Ante esta difícil situación que viviu, Vidal Romero está a traballar na constitución dunha plataforma comarcal de afectados pola okupación para axudar a outros propietarios.











