UXT denuncia irregularidades contra ó persoal da gardería municipal

    uxtdenunciagarderiaribeira_100_21042009.jpgRIBEIRA> O sindicato deu a coñecer unha sentencia que declara nulo o despedimento dunha traballadora da escola infantil.

    A Unión Comarcal de UXT no Barbanza vén de dar a coñece-la sentenza emitida a pasada semana polo Xulgado do Social número 2 de Santiago na que se declara nulo o despedimento dunha traballadora que exercía como educadora infantil na gardería municipal de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/uxtdenunciagarderiaribeira.flv{/flowplayer}

    Segundo sinalou un representante deste sindicato a situación destapou numerosas irregularidades que se viñan cometendo na gardería, uns feitos que foron negados dende a propia Dirección do centro.

    Acoso laboral

    Miguel Teijeiro, representante do Ensino Privado e Concertado da UXT, amosou a súa satisfacción polo resultado da sentenza. Segundo o representante sindical o despido produciuse, cando a traballadora que era ademais a delegada de persoal de UXT nese centro, se atopaba de baixa por ansiedade, orixinada ó parecer polo acoso psicolóxico, ameazas e vulneración dos dereitos laborais ós que se vía sometida.

    Teijeiro sinalou ademais que todas estas irregularidades están a afectar á atención diaria dos cativos, polo que solicitarán á Consellería de Traballo e Benestar e ó propio concello de Ribeira a retirada da concesión á empresa.

    Na sentenza condénase á empresa a readmitir á traballadora nas mesmas condicións existentes con anterioridade ó despido, aínda que non se contempla a pretensión de indemnización solicitada pola demandante por danos morais.

    Redacción Barbanza