Detido un veciño de Rianxo acusado dun presunto delito de tráfico de drogas

    RIANXO> O prendido foi localizado a pasada madrugada nun vehículo no polígono industrial de Té. No interior do coche atopouse unha pistola corta de imitación, varias doses de cocaína e uns 70 gramos de marihuana distribuídos en bolsas herméticas. Tamén se lle interviñeron outros obxectos coma tres teléfonos móbiles, unha navalla e diverso diñeiro en efectivo. O detido xa pasou a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución de Garda de Padrón que é quen instrúe o caso.