O primeiro “Cat Café” de Galicia terá lugar en Cambados

    CAMBADOS> Os cans teñen máis facilidades ou aceptación a hora de seren acollidos nos refuxios de animais. Conscientes deste problema, dende o Refuxio de Animais de Cambados organizaron un “cat café”, unha interesante iniciativa de acercamento ao mundo dos mininos, que a bo seguro saldarase coa adopción de algún de estes felinos. 

     

    O mundo gatuno é un completo descoñecemento para o groso dos mortais. Centos de gatos pasean polas nosas cidades, vilas ou aldeas na procura dun fogar ou simplemente de alimento. Conscientes das grandes colonias de gastos que hai en Cambados, e da tendencia das persoas a adoptar cans antes que a estes animaliños, dende o Refuxio de Animais de Cambados, organizan o primeiro “Cat Café” de Galicia. Unha maneira diferente de desfrutar dun bo café, e mellor compañía. 

    Nesta actividade que se desenrolará o sábado, no Salón Peña da localidade, no entorno das 16:00 da tarde, participarán uns 11 felinos. 

    Durante a xornada de domingo haberá unha sesión vermú de 12 da mañá as 14:00 horas.  Esperen… ela, chamase Clara, e aínda que estará o sábado, non se fagan ilusión, ela xa ten unha nova familia de acollida.   

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/cat_cafe_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/cat_cafe_cambados.mp4{/flowplayer}