A ILLA> A Illa de Arousa completa ao 100% o seu sanamento. A última zona en conectarse á rede é o Barrio do Barnal. Alí quedaban unhas poucas casas que levaban 40 anos agardando por esta noticia. Os veciños mesmo penduraron no seu camiño unha pancarta agradecendo a execución desta obra.
É unha aspiración de tódolos Concellos que, na Illa, xa é unha realidade. O municipio insular vén de completa-lo 100% da súa rede de saneamento. A última zona que estaba pendente é esta do Barnal.
Esta derradeira intervención, cun orzamento de 25.000 euros, era unha vella reivindicación dos veciños. Levaban 4 décadas pedindo sanemanto para o seu camiño.
Os veciños quedaron satisfeitos co resultado dos traballos. Así o demostran coa pancarta de agradecemento que lle dedican ó concelleiro Luis Arosa.
Co saneamento completado, na Illa poñen o foco noutro problema, que veñen denunciando dende hai tempo: as toalliñas atoan os sumidoiros ocasionando importes gastos para as arcas municipais. Ademais destas actuacións, cada certo tempo o goberno local lanza campañas de sensibilización para que veciños e visitantes tomen conciencia do grave problema que supón o mal uso das toalliñas.