SANXENXO> Trátase dun produto fundamental na nosa dieta e máis que recomentable para a nosa saúde. Falamos do aceite. O Obradoiro de Hostalería do Salnés acolleu hoxe cuarta edición dunhas catas que traen ata a localidade expertos e produtores de toda España. Nesta xornada catáronse cinco propostas, entre elas dúas galegas.
Estes pratos teñen algo en común: en todos eles o aceite de oliva está presente de algún ou doutro xeito. Foron elaborados no Obradoiro de Hostalería do Salnés, coincidindo coa cuarta edición das catas de aceite que organizan nas súas instalacións de Sanxenxo. Unha cita na que se reúnen expertos e produtores para dar a coñecer as bondades deste produto.
Cada un dos produtores foi desfilando por esta xornada, describindo as singularidades do seu produto.
Galicia tamén estivo presente, con dúas almazaras. Unha terra que, aínda que moitos non o saiban, sempre tivo vínculo coa produción de aceite.
Unha oportunidade non só para terras ourensás, senón tamén para as Rías Baixas, onde se pode abrir a través desta produción unha nova vía de negocio.
A xornada rematou cun showcooking no que os asistentes puideron gozar das elaboracións preparadas polo obradoiro de hostalería, nas que os aceites das almazaras participantes foron protagonistas de principio a fin. Ofrecéronse pratos como unha raia con faragullas de pan de millo e “allada”, un vermut con xarope de oliva, un café con xeado de oliva, e como colofón doce, un gofre con mousse de chocolate e aceite de oliva virxe extra.











