O concello de Boiro reforzará o cadro de persoal da Policía Local

BOIRO> O concello de Boiro manda unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía sinalando que os roubos dos últimos días son feitos puntuais. Aínda así, o alcalde incidiu en que a seguridade está garantida grazas á colaboración da Policía Local e da Garda Civil.

Á espera de que a Garda Civil avance na investigación para dar cos autores destes feitos, o alcalde enviou unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza posto que se trata de roubos puntuais.

Aínda que na actualidade a vixilancia está garantida coas diferentes quendas da Garda Civil e da Policía Local, o concello traballa dende hai meses na ampliación do cadro de persoal da policía para contar con máis efectivos que incrementen a seguridade no municipio.