Arquivadas todas as causas contra o concello de Pontevedra na “Operación Patos”

Pontevedra>O xulgado de instrución número 1 ven de arquivar todas as causas que vinculaban ao concello de Pontevedra coa Operación Patos. Segundo recolle o auto xudicial, a Fiscalía non atopa que haxa causa penal nas reformas que involucraban ao concello nesta causa. 

 

O concelleiro de Réxime Interior informou esta mañá que o Xulgado de Instrución número 1 arquivou todas as causas que vinculaban ao Concello de Pontevedra coa Operación Patos. Segundo recolle o auto xudicial, a Fiscalía non atopa que haxa causa penal nas reformas da rúa Santa Clara, da Avenida de Lugo e a pavimentación dun viario na parroquia de Salcedo. 

O concelleiro Legísima García informou que esta é a última causa pendente polo que, tras o seu arquivo, o concello de Pontevedra queda agora á marxe da Operación Patos. En relación aos comentarios que no seu momento fixera o Partido Popular o concelleiro dixo que nunca tomou en serio esas acusacións. 

En relación a esta investigación Legísima lembrou que a Unidade da Policia Nacional encargada deste caso levaron, no seu momento, numerosas caixas de documentación das oficinas municipais, caixas, que agora, agarda que sexan devoltas ao concello. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/legisima_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/legisima.mp4{/flowplayer}