O Concello de Pontevedra instalará un skatepark na rúa Raíña Vitoria

PONTEVEDRA> Pontevedra contará en primavera cun skatepark na rúa Raíña Vitoria. Así o anunciou hoxe o concelleiro Demetrio Gómez. Segundo o edil nacionalista, as instalacións serán desmontables co obxectivo de poder trasladas a outro punto da cidade cando sexa preciso.

O Concello de Pontevedra presentou hoxe este proxecto: o skatepark temporal que estará situado na rúa Raíña Vitoria. Unha instalación adaptada á esta Avenida e que será desmontable, para así poder trasladala con posterioridade a outras zonas da Boa Vila.

O obxectivo principal deste proxecto era fuxir da imaxe de espazo marxinal que soen ter os skateparks, e por iso trataron de crear unhas instalacións abertas á cidadanía. Neste sentido, o skatepraza estará dividido en dúas zonas, nas que se colocará unha baldosa de granito duns 15 cm de espesor e sobre a cal se situarán os diferentes elementos.

O edil de obras non quixo falar aínda do custe que suporá este novo skatepark. O que si quixo deixar claro Demetrio Gómez foi o motivo de por que se elixiu a rúa Raíña Vitoria para a súa instalación.

A asociación de skate de Pontevedra conta actualmente con máis de 200 inscritos. O que demostra que este é un deporte que está en pleno crecemento. Todos eles poderán gozar destas novas instalacións nuns meses, xa que o obxectivo do goberno local é poñer en marcha este novo parque de skate na primavera de 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí