Soundwalkrs, a nova aplicación turística para o mundial de tríatlon

PONTEVEDRA> O ITU Multisport Festival contará cunha aplicación móbil gratuíta que informará sobre as diferentes probas, actividades e citas lúdicas asociadas ao mundial de tríatlon.

Soundwalkrs, ese é o nome da nova aplicación turística que foi cedida ao Concello pola Asociación de Hoteleiros de Pontevedra. O obxectivo é dar información sobre o mundial de tríatlon e sobre a cidade a todos os deportistas que chegarán á Boa Vila a vindeira semana.

Con esta aplicación, os visitantes coñecerán a cidade dun xeito dinámico e divertido.

O Concello incorporará nos vindeiros días as audioguías en galego e francés e as persoas interesadas en acceder á aplicación poderán facelo co código npu457.