Aprázase ao 2 de marzo o xuízo contra Lito

Pontevedra> Unha vez máis, e xa van dúas, suspéndese o xuízo contra Lito, o xerente de máis do 50 por cento das orquestras galegas. A primeira vez foi porque o letrado do acusado estaba enfermo e non se presentou. Nesta ocasión o mesmo avogado dixo que non estaban en condicións de exercer a súa defensa. Finalmente o xuízo retomarase o 2 de marzo.  

 

O xuízo contra o empresario Ángel Martínez Pérez, coñecido popularmente como Lito, e xerente de máis do 50 por cento das orquestras galegas, entre as que se atopa a popular Panorama e París de Noia volveu a suspenderse. A primeira vez  foi porque o letrado do acusado estaba enfermo e non se presentou ao xuízo, esta segunda, porque ese mesmo letrado dixo que non quería defender ao acusado. 

Todo despois de que Lito dixese na sala que perdera a confianza no seu avogado. O fiscal do caso cualifica de kafkiana a suspensión, unha vez máis, deste xuízo que terá como nova data o 2 de marzo e que contará cun novo avogado para o acusado.  Iso si o fiscal pediu para o avogado que rechazou defender a Lito nesta xornada unha multa de 400 euros ao día durante dous meses por considerar que se trata dunha maniobra. Lembramos que Lito se enfronta a unha pena total de 14 anos de prisión e o pago do 52,7 millóns de euros por seis delitos contra a Facenda Pública. O Fiscal lembra que en 31 anos de oficio é a primeira vez que vive algo así. E agarda que este xuízo se poida celebrar, por fin, con normalidade o vindeiro 2 de marzo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/panorama_2_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/panorama_2.mp4{/flowplayer}