PONTEVEDRA> Segundo o Concello de Pontevedra, o peche de Raíña Vitoria levouse a cabo co obxectivo de ofrecer maior espazo público aos alumnos do Sánchez Cantón. Unha medida que agora se estende á residencia de Campolongo. O goberno local anunciou hoxe que delimitará a zona frontal deste edificio para dedicala á estancia e paseo dos residentes.
Esta é a parcela que o Concello de Pontevedra acoutará para os usuarios desta residencia. O obxectivo é que todos eles poidan gozar dun espazo público para pasear ao aire libre mentres se manteñen todas as medidas de seguridade antiCovid.
Segundo o goberno local, esta medida non afectará ao tráfico pero na parcela colocaranse pivotes para delimitar o espazo destinado aos residentes. A proposta obrigará a eliminar, por tanto, todos estes aparcamentos.
Esta medida responde a unha solicitude realizada pola dirección desta residencia. A proposta aprobarase na próxima Xunta de Goberno local.