Pontevedra é a segunda cidade de Galicia máis afectada polo temporal

Pontevedra> O temporal deixou pegada en Pontevedra, sendo a capital de provincia a segunda cidade máis afectada por este fenómeno meteorolóxico na nosa comunidade. Entre a pasada noite e esta xornada o 112 atendeu a 13 incidencias relacionadas co temporal na cidade do Lérez. Os sucesos máis importantes foron o derrubamento de parte da fachada dun edificio no centro histórico e o corte da autoestrada AP-9 debido á caída de varios ferros na ponte de A Barca. 

 

Pontevedra notou este temporal que pon a nosa comunidade en alerta vermella. A cidade do Lérez sufriu numerosos incidentes, os máis destacados derrubamento de parte da fachada dun edificio no centro histórico e o corte da autoestrada AP-9 debido á caída de varios ferros na ponte de A Barca.

Ademais destes, un dos incidentes máis destacados tamén, sobre todo debido ao seu valor patrimonial foi a caída de dous cedros das Palmeiras, árbores de máis de 130 anos de historia que forman parte do patrimonio da cidade. 

Ademais o mal tempo tamén provocou cortes de luz en diferentes partes da cidade, danos no mobiliario urbano. Por iso a concelleira de Seguridade Cidadá lembrou que as actividades deportivas  no exterior están canceladas e que moita precaución ata a tarde do sábado. 

Todo parece indicar que na tarde do sábado o tempo mellorará e xa non estaremos en alerta vermella. Pese a isto os servizos de emerxencia seguirán traballando para garantir a seguridade na cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/temporal_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/temporal_ponte.mp4{/flowplayer}