O PP de Pontevedra califica de históricos os orzamentos da Xunta para a cidade

Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra cualifica de históricos os orzamentos que dende a Xunta lanzan para a cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que todos os compromisos do Goberno Galego están reflectidos nestas cifras. O voceiro popular non entende as queixas dos nacionalistas, Moreira cree que se trata dunha estratexia electoralista. 

 

Dende o PP de Pontevedra téñeno claro, fronte á decepción do Goberno Local, eles din que os orzamentos da Xunta para a cidade son históricos e recollen todas as promesas que o Goberno de Feijóo ten coa capital de provincia. 

Dende as filas populares non entenden as queixas dos nacionalistas ante esta aposta do Goberno Galego con Pontevedra. Cren que se trata dunhas cifras excepcionais onde queda claro que o PP non vende fume. 

En relación aos orzamentos municipais, Jacobo Moreira, ten claro que non van a mudar a súa postura e o seu voto no pleno o vindeiro 19 de decembro será non aos orzamentos do Goberno Local. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/pp_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/pp_orzamentos.mp4{/flowplayer}