A ANPA do cole de Vilaxoán denuncia deficiencias nas instalacións do centro

    VILAGARCÍA> Os pais do colexio de Vilaxoán denuncian as malas condicións nas que se atopan as instalacións do centro educativo. Solicitan unha reunión co Xefe Territorial  de Educación na provincia, para poder buscar unha solución ao problema. 

     

    O CEIP de Vilaxoán necesita melloras. Unhas melloras que os pais dos alumnos queren plantexar ao xefe territorial de Educación en Pontevedra, aínda que polo de agora non obtiveron resposta. 

    O desgaste do centro, a estrutura, e a ampliación no número de matrículas para os alumnos contribúen de xeito negativo ao deficiente estado das instalacións. 

    Nos últimos días o centro recibiu a visita de varios técnicos de educación, pero aínda non obtiveron resposta algunha. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/denuncia_cole_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/denuncia_cole_vilaxoan.mp4{/flowplayer}