Machada do Club Deportivo Boiro

    BOIRO> Os boirenses derrotaban onte domingo en Barraña ó líder do grupo primeiro, a Cultural Leonesa, por dous goles a cero. A vitoria do conxunto barbanzán foi máis que xusta.

     

    Contra todo pronóstico, o Club Deportivo Boiro derrotaba ó líder da categoría, a Cultural Leonesa por dous tantos a cero. A vitoria serviu de bálsamo para un Boiro que encadeaba tres derrotas nos últimos tres partidos disputados. O encontro viviuse coma unha festa en Barraña. Con boa presenza de afeccionados nas gradas, os dous conxuntos saíron a pola vitoria, conscientes da importancia dos tres puntos. Uns para seguir marcando diferenzas no alto da táboa e outros para escapar da queima. Sen tempo apenas para acomodarse nos seus asentos, xa que aínda non ía transcorrido nin un minuto de xogo, o público asistiu ó primeiro tanto local, obra de Pedro Beda. O dianteiro de forte disparo dende fóra da área conseguiu perforar a meta do equipo leonés. Coa grada aínda festexando o gol, a forte presión do Boiro provocou un saque de esquina. O centro de Manu Rodríguez peiteado por Catú golpea posteriormente nun xogador visitante e acaba entrando nas mallas. Era o dous a cero para o Boiro. Nas bancadas o tanto foi celebrado coma unha festa.  O mellor equipo da categoría estaba caendo en Barraña e apenas se levaban disputados dous minutos de partido. Ver para crer. A partir de aí o partido converteuse nun ir e vir, con constantes ocasións en ambas áreas.Pasada a media hora de xogo, a Cultural fíxose máis co control do partido, cun Boiro ben repregado e que intentaba saír á contra, con balóns longos a Pedro Beda, dando a sensación de que en calquera momento podía chegar o terceiro tanto.

    Na segunda metade os leoneses intentaron reengancharse ó partido, levando novamente a iniciativa, pero sen crear demasiado perigo na meta defendida por Pato Guillén, que despois de tres partidos volvía á titularidade.

    Conforme ían pasando os minutos, a Cultural foise máis arriba, momento que aproveitaron os locais para dispoñer de varias ocasións claras de gol que mesmo puideron ampliar a renda.

    Aínda así o marcador non se movería. O asubío final desatou o alborozo na afección local, que despediu ós seus xogadores como heroes, pois acababan de derrotar ó mellor equipo da categoría. Aínda así a vitoria non lle serve ó Boiro para abandonar os postos de perigo, segue na décimo sexta praza, en posición de play off de descenso, con 27 puntos.

     

    Polo que respecta ó resto de resultados de quipos galegos nesta 2ª B destacar a vitoria do Celta B ante o Racing de Ferrol por un gol e a cero e a do Coruxo ante o Somozas por dous a un, mentres que o Pontevedra caía ante o Izarra, pola mínima, un a cero, continuando coa súa xeira de malos resultados.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/futbol_boiro-culturalleonesa1302171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/futbol_boiro-culturalleonesa130217.mp4{/flowplayer}