POBRA> O temporal e as nevadas que sufriu a península, sobretodo o Levante, nas últimas semanas disparou os prezos dalgunhas hortalizas e legumes. Nas prazas de abastos da comarca atopamos que a cabaciña, por exemplo, pasou de 50 céntimos a 5 euros o quilo.
Nas casas dos galegos durante as últimas semanas, se hai unha verdura que predomina, son os grelos. E non só porque esteamos en época de cocida, que tamén, pero a importante suba do prezo dalgunhas hortalizas está provocando que o noso grelo se convirta no rei dos pratos. Cabaciña, feixóns, pementos ou berenxenas…levan varias semanas con prezos prohibitivos por mor dos temporais que solaron toda a península desde finais do mes pasado. Así nolo explica esta vendedora do mercado da Pobra.Algunhas hortalizas subiron ata nun 400 por cento trala onda de frío. E iso, como non, vota atrás ós clientes.Para os que vende as hortalizas a mensaxe é de tranquilidade, porque aseguran que é algo temporal, nunca mellor dito.De feito, os prezos dalgunhas destas verduras xa comezan a estabilizarse polo menos no campo, aínda que paciencia, porque as baixadas de prezos, ó consumidor final, normalmente, chéganlle, un pouco máis tarde. De momento, estas son as verduras que a día de hoxe non son un luxo.Ou senón, quédanos agardar ata despois da Semana Santa…