Botadura CLF Hunter en Marín

Botadura en Nodosa Shypyard

Pontevedra> O conselleiro de Industria estivo esta tarde en Marín. O motivo da visita de Francisco Conde a este concello foi o de participar na botadura do palangreiro CLF Hunter. Un evento que tivo lugar nas instalacións do estaleiro de Nodosa do porto de Marín. 

 

O porto de Marín vestiuse de longo nesta tarde coa botadura do palangreiro CLF Hunter, un buque construído polo astillero Nodosa que realizará o seu traballo nas Illas Malvinas coa pesca de merluza negra.  O armador quedou encantado co traballo realizado con este buque.

Este buque pesqueiro palangreiro conta con 59.50 metros de eslora e está totalmente adaptado aos requerimentos e necesidades do armador. Entre as súas principais características está a refrixeración por CO2 co fin de conxelar máis rápido e a unha temperatura baixa. Nesta tarde tamén destacaron a propulsión diésel eléctrica que permite ao buque operar co mínimo de revolucións o que redunda en aforro de combustible, eficiencia enerxética e evitando ruidos fortes e vibracións. O conselleiro de Industria dixo que con esta botadura o sector naval realiza a súa posta a punto no mercado.  

A empresa armadora deste buque creouse no ano 1994 e é a única titular durante os últimos 25 anos da cota de merluza negra nas Illas Malvinas, que representa arredor do 5 por cento da cota mundial. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/botadura_barco_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/botadura_barco.mp4{/flowplayer}