72 traballos e un investimento de 41 millóns de euros conforman o mapa de obras do concello

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Obras mantiveron esta tarde unha reunión coas tres Federacións das Asociacións de veciños do concello. O obxectivo deste encontro é o de informarlles sobre o plan de obras municipais que están en execución, en tramitación ou en redacción. Son un total de 72 traballos que suman un investimento de 41 millóns de euros. Esta tarde Lores e Demetrio Gómez mantiveron unha reunión coas tres Federacións das Asociacións de veciños do concello co fin de informarlles sobre os traballos que se engloban dentro do plan de obras municipais. Trátase de 19 obras en execución, 45 en tramitación e 8 en proceso de redacción. En total son 72 traballos que contan cun investimento de 41 millóns de euros. Dende o Concello anunciaron que é o momento onde teñen posto en marcha máis proxecto coa máxica dotación económica. Aínda que teñen claro que é importante reunirse coas asociacións para saber de que maneira van a seguir traballando na cidade. O obxectivo deste plan de obras municipais e continuar potenciando o modelo de cidade nos vindeiros anos. Dende o concello agardan ter todos estes traballos, un total de 72, en execución neste mandato.