PONTEVEDRA> CCOO e UXT celebraron hoxe unha manifestación diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. O obxectivo: esixir ao Goberno do Estado a derrogación da reforma laboral, a reforma das pensións e a suba do Salario Mínimo Interprofesional.
Suba do Salario Mínimo Interprofesional, derrogación da reforma laboral de 2012 e reforma das pensións de 2013. Esas foron as tres demandas que lle esixiron hoxe os sindicatos de UXT e CCOO ao Goberno do Estado. Fixérono nesta concentración diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Un acto que se levou a cabo tamén noutras cidades españolas.
O secretario comarcal de UXT quixo deixar claro que a Covid non pode ser unha escusa para non levar a cabo todos os compromisos recollidos no programa electoral do PSOE e de Unidas Podemos.
Pola súa banda, o responsable comarcal de CCOO asegurou que o Goberno do Estado se está esquecendo da clase traballadora e pediu que se cumpran xa os compromisos establecidos.
Tanto CCOO como UXT aseguraron que tomarán todas as medidas necesarias ata que o Goberno faga caso a estas demandas.