A cita anual dos deseñadores de toda España, en Pontevedra

PONTEVEDRA> Pontevedra prepárase para acolle-lo Congreso nacional de Deseño. Trátase dunha cita que reunirá a máis dun cento de especialistas neste eido. Vaise celebrar na fin de semana do 21 e 22 deste mes, incluíndo mesas redondas, debates e exposicións. O modelo de cidade da Boa Vila terá tamén o seu protagonismo ao longo destas xornadas.

Pontevedra volve se-lo escenario elixido para a celebración dun gran evento. Desta volta, o Congreso Nacional de Deseño. Vaise celebrar na fin de semana do 21 e 22 deste mes de outubro a cabalo entre o Edificio Castelao do Museo e Santa Clara, baixo o lema ‘cidades imaxinadas, cidades deseñadas’.

O evento reunirá na cidade a máis dun cento de especialistas que poñerán sobre a mesa ideas para repensa-las cidades do futuro.

O Congreso inclúe distintas mesas de traballo, conferencias e debates. Dentro da programación, o modelo de cidade da Boa Vila tamén estará presente.

A edicición deste ano do Congreso conta tamén cunha novidade. A través de conexión, retransmitirase o que aconteza aquí en Valencia, en concreto, no pavillón efémero da Capital Mundial do Deseño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí