As altas temperaturas traen os primeiros incendios da comarca

    SALNÉS > Continúa a vaga de incendios forestais por toda a comarca. O mércores volveu repetirse unha das imaxes que máis impactou o pasado verán. Un incendio en Poio. Comezou na noite do martes, preto das once na zona de Combarro e requeriu a atención de numerosos medios. Chegaron a traballar na zona 3 helicópteros, dúas avionetas e un hidroavión ademais das 4 brigadas das motobombas e bombeiros que trataron de controlar as chamas.

    O mércores ó mediodía parece que o conseguían pero a primeira hora da tarde o lume reavivouse e volveu a expandirse de forma incontrolada de xeito que volveron á zona un hidroavión e un helicóptero que traballaron ata última hora da tarde. Ata ese punto calcúlase que arderon máis de 20 hectáreas e na última hora do día continuaban os servizos de extinción para tratar de controlar totalmente o lume. Ademais deste, houbo outro lume en Arousa. Foi no monte Xiabre. Comezou sobre as oito e quedaba extinguido ás doce e media.

    Redacción Salnés