Fígado graxo, a doenza que sofre unha de cada tres persoas

PONTEVEDRA> Unha de cada tres persoas poden ter fígado graxo. Unha doanza que cada vez está máis presente a idades máis temperás, en boa medida pola mala alimentación. Ademais, a evolución da súa incidencia está aumentando de forma paralela á diabetes e á obesidade. Javier Crespo, un dos maiores expertos de España sobre enfermidades hepáticas estivo estes días por Pontevedra. Mantivo un encontro no Montecelo con profesionais sanitarios e ofreceu tamén unha charla aberta á veciñanza, que suscitou moito interese.

O figado graxo é unha doenza cada vez máis presente na sociedade. O primeiro, para que saibamos do que falamos, isto que é?

Fala Javier Crespo, un dos maiores expertos do país en enfermidades hepáticas.

O doutor estivo estes días por Pontevedra, compartindo os seus coñecementos con profesionais sanitarios e público xeral. Quedamos con el no Hospital Montecelo, onde nos explica que a orixe desta enfermidade parte dunha cuestión evolutiva, porque o noso organismo acumula graxa por unha cuestión de supervivencia. A outra razón, a mala alimentación.

Para previlo, dieta saudable e moverse.

O doutor explícanos o alarmante incremento de persoas que padecen esta enfermidade, unha de cada tres xa, que medra de forma paralela á diabetes e á obesidade.

A investigación, como sempre, clave para entender e curar a doenza.

Cos profesionais sanitarios, o doutro Crespo realizou estes días varias sesións de traballo. O seu paso por Pontevedra rematou no edificio da Xunta en Benito Corbal, cunha charla divulgativa aberta, onde o público tivo ocasión de trasladar todas as súas dúbidas e inquedanzas.