O despido de catro compañeiros volve sacar á rúa ao persoal do Diario de Pontevedra

PONTEVEDRA> Os traballadores do Diario de Pontevedra volven á rúa. Un ano despois das protestas organizadas para reclamar melloras nas súas condicións laborais, vense obrigados, explican, a retomar as mobilizacións. A semana pasada catro compañeiros do plantel foron despedidos. A empresa atribuíu a decisión a cuestións económicas. Algo que non convence ao comité que, ademais, denuncia falta de diálogo por parte da compañía.

O despedimento de catro traballadores a semana pasada volveu sacar ao cadro de persoal do Diario de Pontevedra á rúa.

Un ano despois das protestas nas que reclamaban un convenio digno, hoxe volveron mobilizarse. Acusan á empresa de falta de vontade de diálogo.

Dúas persoas do departamento de distribución e dúas redactoras son as despedidas. Pero o comité teme que este sexa o inicio dunha vaga de recortes no persoal.

A decisión da empresa tomou por sorpresa ao comité. De feito, explica Alonso, ambas partes estaban a negociar un convenio colectivo que quedou paralizado no mes de xuño.

Polo de momento non teñen previsto ningún encontro coa dirección da empresa. Os traballadores decidirán agora os pasos a seguir pero de manterse esta situación aseguran que continuarán coas mobilizacións.