O I Trofeo Cidade de Pontevedra, de fútbol sala, trae a cidade as seleccións absolutas de España e Finlandia

Pontevedra> O vindeiro luns 2 de abril o Pavillón Municipal de Deportes acollerá o I Trofeo Internacional de Fútbol Sala Cidade de Pontevedra. Unha cita que traerá á cidade ás seleccións absolutas masculinas  de España e Finlandia.  Unha final deportiva que comezará ás 19:30 da tarde.

O vindeiro luns 2 de abril o Pavillón Municipal dos Deportes acollerá en Pontevedra o I Trofeo Internacional de Fútbol Sala Cidade de Pontevedra. Unha oportunidade única para gozar da elite do fútbol sala  coas seleccións absolutas masculinas de España e Finlandia. O pavillón acollerá o partido, que será ás 19:30.

E non será a única ocasión na que que a selección de España se deixe ver. As persoas interesadas poder ver aos xogadores adestrar no Pavillón o domingo 1 de abril ás 19:00 e o mesmo día do partido, o luns 2 de abril ás 11:00.

O seleccionador español dixo esta mañá que agardan poder gañar e dar un bo espétacho para todos os afeccionados ao fútbol sala en Pontevedra.

A entrada ao Pavillón para ver xogar a España e Finlandia custa 13 euros, en taquilla, con prezos especiais para mozos e mozas maiores de 10 anos a través de marcaentradas.com