As xornadas da Camelia aterran no Pazo de Rubiáns os días 2 e 3 de marzo

Pontevedra> Os días 2 e 3 de marzo o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, acollerá as xornadas internacionais da Camelia. Baixo o lema, A camelia e o paisaxismo en Galicia, expertos nesta materia falarán sobre a investigación, difusión e influencia da flor máis importante da nosa comunidade. A camelia estará moi presente ao longo do mes de febreiro na nosa provincia. E primeiro termo porque a finais dese mes, en Nantes, Francia, decidirán se incluír dous novos xardín de excelencia Internacional da Camelia. Un deles sería La Saleta en Meis e o outro Quinteiro da Cruz en Ribadumia. Estes dous sumaríanse xa os que xa teñen esta distinción que son o Castelo de Soutomaior e o Pazo de Rubiáns. Neste último, en Vilagarcía, terán lugar as xornadas internacionais da camelia os días 2-3 de marzo baixo o título Camelia e paisaxismo. Deputación e Xunta de Galicia potenciaron esta mañá a flor máis típica da nosa comunidade e lembraron que Galicia é o segundo lugar do mundo, despois de Xapón, con maior especies de camelias, con case 200. De momento hai 40 persoas inscritas nestas xornadas pero aínda están a tempo de facelo o número máximo de inscricións é de 60. A matrícula ten un custe de 50 euros e poden obter toda a información sobre as xornadas e a inscrición en www.juanadevega.org {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/camelia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/camelia.mp4{/flowplayer}