
Pontevedra> Dende a Deputación de Pontevedra veñen de reforzar área de mobilidade coa creación dun xefe de servizo e un director nesta sección. Francisco Alonso e Daniel Romay serán, dende hoxe, os encargados de velar pola conservación e bo estado das estradas provinciais.
A Deputación de Pontevedra ven de reforzar á área de mobilidade coa creación de dous novos postos neste servizo. O obxectivo é o de dotar de persoal cualificado esta área. Para isto Francisco Alonso será o novo xefe de servizo de Mobilidade e provén de Augas de Galicia.
E Daniel Romay será o encargado de de ocupar o posto de Director de Mobilidade e provén da Axencia Galega de Infraestruturas.
A Deputación dixo que se tratan de cambios importantes na área de Mobilidade para a conservación das estradas provinciais.
Ademais dende a Deputación convocarán 3 novas prazas de enxeñeiros para incorporar á area de Mobilidade e reforzar máis este importante servizo provincial.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/16/xefes_mobilidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/16/xefes_mobilidade.mp4{/flowplayer}











