O Goberno apoiará o mantemento dos postos de traballo de ENCE nunha nova localización e ofrece a mesa de diálogo en setembro

PONTEVEDRA> Como lles diciamos, a mañá para o comité de empresa da fábrica de ENCE comezou cunha reunión ás 11 coa subdelegada do goberno en Pontevedra. Maica Larriba trasladou aos traballadores o compromiso que, aseguran ten o goberno central co apoio ao mantemento dos empregos da pasteira. Pero Larriba tamén lles recordou que as sentenzas están para cumprilas.

O Goberno Central está disposto a apoiar o mantemento dos postos de traballo de ENCE na nova localización. Esta foi a mensaxe que trasladou a subdelegada do executivo en Pontevedra aos traballadores da pasteira.

Maica Larriba trasladoulles tamén o compromiso do secretario de Estado de Medioambiente, Hugo Morán, de convocar unha nova reunión da mesa de diálogo no mes de setembro.

A reunión prolongouse durante algo máis dunha hora. Neste tempo, os traballadores estiveron concentrados ás portas da subdelegación do goberno, contra a que incluso lanzaron papel hixiénico. O edificio estivo protexido por un importante dispositivo de seguridade a cargo da Policía Nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí