O PP denuncia presuntas irregularidades na concesión para a xestión do IBI

PONTEVEDRA> O Partido Popular volve poñer en dúbida a xestión do BNG en Pontevedra. Desta volta, polo concurso para facerse co contrato para a xestión do IBI. Segundo Rafa Domínguez, desbotouse á empresa con máis puntuación por unha baixa temeraria que só era 99 céntimos máis barata que a proposta que finalmente foi a adxudicataria. Dous tribunais distintos deron a razón á empresa descartada, pero o concello levou o caso ata o Tribunal Supremo. Segundo os populares, de confirmarse a sentenza a indemnización á empresa roldaría os 200.000 euros.

O Partido Popular acusa ao grupo de goberno do BNG de derrochar os cartos públicos. A formación pon o foco desta volta no conflito nos tribunais entre o concello de Pontevedra e unha empresa polo concurso para facerse co contrato para a xestión do IBI. Eibisa Norte SL conseguiu a maior puntuación, pero finalmente a súa candidatura foi desestimada.

O contraro recaeu, finalmente, na segunda empresa con maior puntuación. Para o voceiro popular, esta decisión é totalmente ilóxica e cualifícaa de tomadura de pelo.

A empresa denunciou o concurso ante os tribunais de Contas e o Superior de Xustiza de Galicia. Ambos setenciaron ao seu favor, pero o concello recorreu ante o Tribunal Supremo.

Domínguez lamentou tamén que o BNG e o PSOE xa adiantaran o seu voto en contra o vindeiro luns á creación dunha comisión de investigación sobre os contratos do concello. O voceiro popular adiantou que terán que tomar medidas e valorar acudir aos xulgados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí