O PP de Vilagarcía ve no retraso dos orzamentos un novo fracaso do actual goberno

    VILAGARCIA> O Partido Popular de Vilagarcía ve un retraso dos presupostos, un fracaso do actual executivo da vila. Tomás Fole lamentou que esta situación, e afirmou que a pesar de todo o grupo popular presentará as súas propostas, aínda que, segundo el mesmo recoñeceu, saben de antemán que non se van a ter en conta, ao igual que en anos anteriores. “Un fracaso do goberno de Alberto Varela”, así ve o voceiro do PP en Vilagarcía, o retraso que o alcalde, Alberto Varela, anunciou a semana pasada, para levar a pleno o texto económico de 2017. A formación que lidera Tomás Fole lamenta que o goberno lles negue datos que faciliten a elaboración das súas propostas ao documento. A pesar desta situación, que denuncian dende as filas populares, o grupo municipal presentará as súas propostas. Reorganizar os traballadores municipais, a revisión dos pliegos de varios servizos do concello, melloras nos parques infantís ou a revisión das melloras previstas, para acometer na praza de Galicia, constitúen algunhas das propostas do PP en Vilagarcía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/fole_vilagarcia_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/fole_vilagarcia_orzamentos.mp4{/flowplayer}