O BNG acepta negociar con En Marea para un posible pacto de gobernabilidade

Pontevedra> O pacto entre en Marea e o BNG en Pontevedra para garantir un Goberno estable e con maioría de aquí ao final de lexislatura podería esta ao caer. En Marea lanzou esta mensaxe o venres incidindo en que non poñían liñas vermellas. O BNG recolle o guante e di que están dispostos a chegar a un acordo con esta forza de esquerdas. Todo parece indicar que entre esta semana e a vindeira comezarán as reunións entas dúas forzas políticas. Marea tende a man ao BNG para crear unha maioría consolidada e estable na cidade e o Goberno acepta negociar. O alcalde dixo esta mañá que como en toda boa relación ao comezo hai sempre que coñecerse antes de entrar de cheo nun noviazgo formal. Agora, dixo Lores, parece que En Marea decidiu mudar a súa postura e crear un goberno de esquerdas . Dende EN Marea din que este cambio de actitude se debe a que consideran que os beneficiarios deste posible pacto serían os veciños de Pontevedra. Cree que as forzas de esquerdas están chamadas a entenderse e que fará o posible para que así o sexa sen liñas vermellas. Os contactos para un posible acordo comezarán previsiblemente esta semana. Nos vindeiros días veremos como frutifica este noviazgo que xa comezou a andar os seus primeiros pasos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pacto_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pacto_pontevedra.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí