A falta de tempo xa non é unha escusa para facer deporte

PONTEVEDRA> A corentena non pode ser unha escusa para que deixemos de facer deporte. Grazas a Internet e as redes sociais, estes días podemos acceder a adestramentos virtuais e seguilos dentro da nosa casa. Estes son algúns dos exercicios que podemos adaptar a nosa rutina diaria.

Cos ximnasios pechados e sen poder saír a rúa para realizar actividades deportivas ao aire libre, non nos queda outra que adaptar as nosas casas para poder continuar cos adestramentos diarios. E nestes días de confinamento, son moitos os profesionais do deporte que comparten as súas rutinas nas redes sociais. Adestramentos que se poden adaptar a todos os públicos.

Facer deporte, aínda que sexa entre catro paredes é fundamental para non volvernos sedentarios. Normalmente, a escusa máis repetida para non facer exercicio é a falta de tempo. Algo que nestes días de confinamento temos dabondo.

E se preferides facer exercicio dunha forma máis divertida e en compañía, sempre podedes facer o #Tresenrayachallenge.

Para seguir unha rutina de exercicio e adestrar na casa non fan falla grandes ferramentas e ademais, facendo deporte conseguiremos fortalecer o noso sistema inmunolóxico. Algo que ante esta emerxencia sanitaria é tan importante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí