Pontevedra acolle en Semana Santa O Circo das Bolboretas

 PONTEVEDRA> O Circo das Bolboretas ven a ser un novo xeito de campamento urbano ambientado no mundo do circo que,…

{flowplayer}images/salnes/campamento_circo_bolboretas.flv{/flowplayer}

… mediante o uso das novidosas técnicas audiovisuais e da escea teatral, pretende buscar o espíritu de superación no cerne dos cativos.

Esta é a aposta que trae o Concello de Pontevedra para o tempo de lecer da vindeira Semana Santa da man dunha artista nova e con ideas innovadoras, Bea Mazaira. Bea foi alumna do curso de monitores de campamento Pisando Forte, e como práctica deste cursiño propuxo esta actividade no local de música para cativos de seis a oito anos que terá lugar os días 25, 26 e 27 deste mes.

Aquí os asistentes traballarán a improvisación, o teatro e a expresión plástica; todo un completo exercicio de dinamización da creatividade interna dos cativos. Esta actividade remata cunha representación para os pais e nais o día 27 neste mesmo local. O prazo para anotarse comeza este mércores na Casa Azul, en horario de mañá.

Redacción Salnés