O pleno insta á Xunta a que sancione ás eléctricas

Pontevedra> Pleno ordinario en Pontevedra. Sobre a mesa diferentes asuntos, entre eles unha moción do BNG na que instan que a Xunta abra un expediente sancionador as eléctricas que deixaron sen luz durante días a moitos pontevedreses. Ademais tamén solicitan que se realice unha auditoría na que se comprobe o estado das rede eléctrica no noso país. Pleno ordinario no Teatro Principal. Sobre a mesa diferentes asuntos. O primeiro o problema polo que pasou Pontevedra, ao igual que o resto de Galicia, no temporal coas eléctricas. Deixando sen luz durante varios días aos veciños. Dende o BNG instanron esta mañá á Xunta a que penalice e sancionen a estas empresas. Pola súa banda o PP de Pontevedra solicitou que se aprobase a súa moción na que instaba a deputación da crear un protocolo de emerxencia neste caso de temporais e tamén a realizar unha liña de axudas para os concellos máis dañados. Ao que Mosquera volveu a insisitir en que 7 das 9 brigadas da Deputación traballaron arreo durante eses días de temporal e que foi o parque de maquinarias o que decidíu non abrir e non prestar os seus servizos. Mosquera lembrou que é a Xunta a que ten que axudar aos concellos nestes casos Dende o PSOE apoiaron a moción do BNG pero dixeron non o faría coa do PP despois de considerar que se trata dunha moción preparada polo vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente do PP en Pontevedra, por Alfonso Rueda. Finalemente e por unanimidade da corporación foi aprobada a moción do BNG mentres que a do PP foi rexeitada coa negativa do BNG, PSOE, En Marea e a abstención de Ciudadanos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pleno_electricas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pleno_electricas.mp4{/flowplayer}