POIO> Esta fin de semana, como boa vila mariñeira, Combarro honrará á Virxe do Carme. Ampliando, ademais, a súa programación de tan só un día a tres. Do 14 ao 16 de xullo haberá tempo para a música, as misas e a procesión marítima, na que participarán unha trintena de embarcacións.
As Festas na Honra da Virxe do Carme medran este 2023. Dunha única xornada, este ano pasan a ter tres. Ofrecendo unha completa programación do 14 ao 16 de xullo.
O domingo, Día do Carme, será o día grande e tamén o máis relixioso. Pola mañá haberá misa cantada e xa pola tarde celebrarase a procesión marítima, na que participarán unha trintena de embarcacións.
Dende a comisión de festas agardan que a cita sexa todo un éxito. Máis aínda tendo en conta que é o segundo ano que se encargan da súa organización.
A verbena a cargo da orquestra Capitol será a encargada de pechar a programación xa o domingo pola noite.